É a quenda agora dun tema moi criticado en publicidade: a publicidade subliminal. É esta a publicidade polémica por antonomasia. Así que ao lado desta fera, os artigos anteriores son xogos de nenos...
Algúns falan dela como un misterio escuro, o outro lado da publicidade, a cara oculta, incluso unha lenda urbana... Para todos aqueles incrédulos que dubiden a súa existencia, vai dirixido este artigo.
Pois ben, chamoume a atención fai anos cando meu pai me contou que estando nun bar, saíu un anuncio en TV que ainda que non falaba directamente de coca-cola, nin se detectaba ningún elemento relacionado, a xente ao velo, reacionou comprando inmediatamente despois unha coca-cola. Non o crin. Agora mudou a miña opinión.
En que consiste a publicidade subliminal? É unha técnica de persuasión publicitaria, que intenta xogar co subconsciente dos receptores. Entón, ata que punto é legal esta técnica?
Aposto pola liberdade de expresión como se puido comprobar noutros artigos, pero sempre que o mensaxe sexa claro elimpo.
As imaxes subliminais atraen a atención do cerebro, mediante millares de técnicas milimetradamente estudadas.O proceso é moi complexo, e á vez moi efectivo: a retina capta a imaxe en cuestión de segundos, ainda que nós non o percibamos, para que teña un impacto na actividade da corteza visual primaria.Nos estudos, os cerebros responden ao obxeto ainda cando non son conscientes de velo.
Os investigadores consideran que "esta é unha investigación emocionante porque desafía o pensamento anterior", o pioneiro psicólogo e filósofo William James (1842 - 1910), dixo que "somos conscientes do que atendemos, e non conscientes do que non atendemos".
De coca-cola teríamos para dar e tomar, pero vou falar da marca Mc Donals, que está sendo noticia en EEUU, por utilizar esta técnica. Durante a retransmisión dun exitoso programa de cociña "Iron Chef America" detectouse unha imaxe fugaz onde aparecía o logo e o claim de Mc Donals.
A continuación poño un video no que o podedes ver en cámara lenta, fotograma a fotograma. En todo caso, a cadea de televisión xa se apresurou a anunciar que todo obedece a un desafortunado erro de producción.

Ola maria!!! jajaa xa ves o ke me aburro e tal ke che tou lendo as tuas opinions e komentarios... pos nada nn che sei ke decir eu kreo ke komo todo esto ten duas karas uns os vendedores seña mc donals seña D&G seña ken seña, e outra os compradores ke somos todos. weno komo che veño decindo kada un tira para o seu lado e punto. eu se fora vendedor ou tivera unha empresa ou algo pos abia de facer todo o posible pa ke a miña empresa salira adiante e si teño grandes beneficios koa publicidade subliminal pos nn me importaria usala, pero o fin e o cabo eu son un comprador ou consumidor e sinceramente a min eme ijual ke utilicen ese tipo de publicidade porque eu consumo ou kompro si kero ke naide me pon un puñal no kuello nin nada polo estilo... weno e unha opinion mas jajaja e nada ke fijo ke che poño algun komentario mas jajaja solo pa inkordiar ale bikosss
yo también creo en la existencia de la publicidad subliminal. no estoy segura de q todo lo que digan que es, sea publicidad subliminal, pero yo diría que sí, que nos afecta.
cuantas veces pasa que estando con tus amigas de repente pases por un supermercado y veas un cartelito de DONUTS y digas..: "uff.. entraba eh! y me compraba un donuts" . es decir, algo parecido a lo del ejemplo que tu nos muestras sobre mcdonals.
saludos maria
Efectivamente, tamén son da opinión de que esa publicidade subliminal é ilegal e criticábel. Subliminal significa por debaixo do umbral de percepción dos sentidos e polo tanto esa imaxe instántánea e que nos colan de contrabando, ainda que non a vexamos, chega ao cerebro. Xa temos suficiente coa publicidade normal que conseguimos ver e que non sempre xoga limpo, pois tende a enganar ao consumidor, para que por riba nos colen mensaxes ante as que non podemos reacciónar. Porque un cartaz ou un letreiro pode examinarse con calma, o mesmo que unha fotografía fixa. Mais aquelo que non vemos non podemos examinalo nen meditar sobre a sua beleza ou oportunidade, mesmo sobre os seu atractivo estético e ainda a sua eficacia como publicidade. Son anuncios-fantasmas, invisíbeis.
Portanto, eses anuncios debían estar prohibidos e penalizados.